Nacín en Ourense hai 27 anos. Pódese dicir literalmente que mamei o teatro xa nada máis nacer, pois a miña nai, Belén Constenla, é actriz. Sendo neno levábame consigo aos ensaios. A min o que máis me gustaba xa daquela era a parte técnica e prepareime para isto.
Traballei como realizador na Galega, participei en curtametraxes, documentais. Estiven na televisión en Madrid, en Antena 3, en Canal 7… pero non esquezo os meus comezos na televisión local de Ourense.
O meu contacto con Arturo foi de casualidade a través de terceiros e aquí me tedes traballando con Raúl no Zardigot. Para non mentirvos direivos que este é o meu primeiro traballo para o teatro. Como digo eu: “Hai que probar de todo”. Pasei de ser mero espectador a formar parte dunha compañía.
Desde a nosa mesa de traballo vemos nos actores o volume que ten que ter o son. Intentamos axudalos, formamos parte, dalgún xeito, do seu papel, ao igual que a maquillaxe ou o guión.
Partindo do punto de vista do mundo do audiovisual, resulta máis complicado o traballo na televisión, pero o teatro require toda a atención. Gústame isto porque é máis directo, os seus resultados son inmediatos, podes ver a reacción do público e iso resulta fascinante.

Etiquetas: Equipo técnico, son, técnico
¡Hola!
Pois eu fun ver o outro día a obra e o sonido estivo bastante ben ademáis a min gustame as cousas relacionadas co sonido e todo iso. Bueno, felicidades por tódolos sitios onde traballaches e sorte. Un saúdo.
Diego - Cerceda