Polo ano 74 estaba na Laboral e xa alí formaba parte do grupo de teatro que tiñan. No 77 vivín as Mostras de Ribadavia en vivo e en directo. Posteriormente simultaneo Filoloxía e Belas Artes en Santiago, e máis tarde comezo cos estudos de Filosofía. Pero non me enchía. A miña vocación xa era o teatro. Traballei tamén para a televisión, o cinema. Sobre todo na construción de decorados. Se teño que elixir entre un destes dous medios, quedo co teatro: é máis repousado, adícaslle máis tempo, vívelo máis intensamente…, o outro é máis industrial.
O decorado para o Zardigot xurdiu xa na primeira lectura da peza. Segundo lía, víñame á mente o teatro clásico grego. Cambiándolle o nome poderiamos estar ante unha peza da traxedia grega. Faleino con Arturo e construímos o que vedes.
Eu asistín á representación que Teatro Circo fixera no ano 75. Alí non había decorado, os actores estaban sós no centro e os espectadores ao redor. Nós puxémoslle decorado. A súa construción foi rápida, igual que a idea para darlle forma. Esperemos que lles guste aos espectadores.

Etiquetas: actor, atrezzo, elenco, Equipo técnico, escenógrafo, vestiario
Cando cheguei ao teatro, un instante antes de comezar a representación, impresionoume o decorado: clásico!, un anfiteatro grego! Conclusión, trasladeime á antiga Grecia. Mais non só é o maxestoso decorado o que nos fai viaxar (inclúovos a vós; se non a vistes, debedes facelo) séculos atrás, tamén o coro maxistral, a lograda iluminación, ata ousaría dicir que a música, moi acertada, nos transportan a Grecia. Esa Grecia trasunto de traxedia (a vida, a morte, a loita, a guerra), de paixóns irracionais (o amor).
Estrela, muller-anxo (nai e esposa incondicional) e muller-demo (o seu fado convértea en amante forzosa) lévanos a outro mundo á par do clásico: o cristián.
Sorprende atoparse cunha obra atemporal, escrita no último terzo do século XX. Así a definiría, posto que; dor e anguria, amor e esperanza, loita e medo son sensacións percibidas en todo momento polo espectador, entre os que me inclúo. Se iso pretendían o dramaturgo e o director, conseguírono.
Queriamosche mandar un comentario a ti polo ben que o fixeches,sobre todo no final da obra.
ALEX vs DANI de cerceda.
ola!!
quedei impresionado co malo que podes chegar a ser!!
increíble cando lle pegas no lombo, impactante!!
saúdos dende Cerceda!
Inspiracheste no Capitán Trueno para facer o disfrace do Sarxento e do Capitán?
Felipe Bello de Cerceda