Nacín na Coruña hai 35 anos. Estudei Estética e realicei cursos de maquillaxe en Madrid. Levo xa vivindo de maquillar as persoas uns 16 anos; eu só me maquillo para as ocasións.
Empecei traballando no Estudo R de maquillaxe. Comecei coa serie da Televisión Galega Os vellos feirantes. E nestes momentos estou na serie Libro de familia.
Para as representacións apréndolles aos actores e actrices como se teñen que maquillar. Fágolles unha ficha coas indicacións do deseño de cada personaxe e logo eles en sucesivas represencións terano que facer por si mesmos. Por suposto, co paso das representacións, os propios actores e actrices van personalizando a maquillaxe e facéndoa máis súa.
Para crear a maquillaxe dun personaxe baséome no guión. Logo falo co director. Neste traballo hai que ter tamén en conta a iluminación. É moi importante. Para o Zardigot, dividín os personaxes en dous grupos: os do conflito bélico, todos pálidos e con rasgos cuase tribais, indicando que deixan de ser persoas para pasar ao bando dos crueis, dos inhumanos. E o outro grupo, con trazos máis reais, sen esquecer que están en guerra.
A toma de contacto con Arturo foi a través da perruqueira de As leis de Celavella . En canto á compañía actual de Espello Cóncavo xa traballo con Lucía e Manuel en Libro de familia.

Etiquetas: Equipo técnico, maquillaxe
olita son de cerceda!!! chamome lorena, e gustaríame decirche ke me gustou moito o makillaxe ke lle puxeches os actores pk se metía moito no papel ke representaba kada un e tamén na época. A verdade e k me gustou moito.
moitos bss
olasssssss
pareceunos impresionante a maquillaxe dos personaxes!!!
o teu traballo parecenos imprescindible para a obra!!!
Cristina e Rocío Cerceda
Ola¡¡ somos de
Cerceda.queriamoste felicitar polo teu estupendo labor na obra. Xa que nos pareceu en duas palabra... im-presionante¡¡ noraboa¡¡
Bueno agora, eu natalia queria facerche una pregunta xa que penso que o teu traballo conleva unha dificultade encomiable. Canto tempo tiveches que estudar para chegar a esa habilidade? grazas
OLA queriamosche dicir que nos parece moi bo o teu traballo e o de ter que ensinar aos actores/actrices a maquillarse¡¡
besos das alumnas de Cerceda Sole e Maria