Zardigot

Unha representación de Espello Cóncavo


Euloxio Ruibal. Achega bio-bibliográfica

Apuntamentos bio-bibliográficos sobre o autor.

Euloxio Rodríguez Ruibal naceu en Ordes (A Coruña) en 1945, pero reside dende neno en Compostela, onde rexentou a galería de arte Citania. Escritor, guionista, profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e é membro da Real Academia Galega. Fundou o grupo de teatro Obradoiro e o equipo de cine Lupa, pioneiro neste campo en Galiza. A figura de Ruibal é salientable ante todo no xénero dramático.


Entre as súas pezas teatrais destacan:

- Zardigot, coa que se dá a coñecer como dramaturgo na I Mostra de Teatro de Ribadavia en 1973, ao gañar o Premio Abrente (EX AEQUO con O meu mundo non é deste reino de Manuel María),
- Cabodano, escrita en 1973 e gañadora do Premio Abrente en 1975,
- A sonada e proveitosa enchenta do marqués de Ruchestinto no derradeiro século da súa vida (1975).
Estas tres obras conforman unha triloxía sobre a sublevación fascista e a ditadura.

- A sombra do bon cabaleiro (1977), e
- Cousas da morte, completan unha primeira etapa do teatro de Euloxio que trata de fusionar as máis modernas tendencias das vangardas europeas xunto coa tradición dramática galega , e onde os temas predominantes serían: a violencia exercida desde o poder, os eternos Eros e Tánatos, a soidade…
- As tres pezas de Teatro infantil (1988) abren esa segunda etapa adicada ao lector infantil, xunto coas do volume
- Brinquemos ao teatro, e as incluídas en
- Teatro infantil e xuvenil (1991),
etapa da que xa nos amosou un pequeño avance en 1974, levando a mención honorífica no I Concurso de Teatro Infantil O Facho coa obra O roubo do aparello, que se publicaría baixo o título de O aparello trocatempos.
Segundo Laura Tato, nesta fase o autor pretende “crear un mundo lúdico en que as manifestacións dramáticas serían a canle perfecta para transmitir coñecementos e sensacións non incluídos nos currículos escolares: o sentido da luz, do son, da cor, da fantasía, do humor, do compañeirismo e da solidariedade.”
- Azos de esguello (1990, Premio Álvaro Cunqueiro 1989) critica a corrupción, a pervivencia da figura do cacique nun indiano retornado. Os personaxes desta obra son os mesmos que aparecen nun ton aínda máis esperpéntico, en
- Unha macana de dote (1991).
- Nas sete peciñas de Teatro mínimo (1991) volve aos temas da soidade, da loucura, da dobre moral, do erotismo todo envolto nun leve humorismo que amortece as situacións dramáticas.
- Con Maremia (1998), partindo dunha traxedia ecolóxica, pretende ser unha chamada ao espectador para que reaccione ante o posible futuro que nos agarda. Ruibal universaliza de novo a trama da peza.
- O son da buguina, publicada 25 anos despois da primeira das súas obras, é unha reflexión sobre a liberdade. A buguina e o mar como elementos esperanzadores.


- Minimalia (2005).



En canto á narrativa, De corpo enteiro e Casarriba son as súas novelas, máis tamén ten relatos curtos como "A fonte de Ana Manana" (Contos do Castromil, 1993), ou "Vertixe" publicado no número 7 – maio 2005 da revista Casahamlet.

No ensaio destacan: Compostela na historia (2000) e Xogo de máscaras. Escritos sobre o teatro galego (2003)

Para o cinema, sempre presente dalgún xeito na súa produción, escribiu os guións das curtametraxes Maruxía (1998) e Baile de máscaras (2001).



Etiquetas:

0 comentarios a “Euloxio Ruibal. Achega bio-bibliográfica”

Enviar um comentário

Este blogue quere aportar materiais de apoio á primeira representación profesional do Zardigot de Euloxio R. Ruibal, realizada pola compañía Espello Cóncavo. Tamén poderás atopar, coordinada pola AS-PG, unha proposta didáctica para o ensino.

Os autores



Na Web No blogue

máscaras

Axuda

máscaras

Recursos

AS-PG

Ano da Memoria

MultiRss

feed

Blogger

Engade este blogue aos teus favoritos en Technorati

Zardigot e outras montaxes

www.flickr.com


Licenza Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 3.0 de Creative Commons

AS-PG 2007 Zardigot