Zardigot

Unha representación de Espello Cóncavo


Unhas palabras do autor

Din que os escritores teiman en escribir sobre o que ignoran. E talvez sexa certo. A min pasoume iso con Zardigot. Que sabía eu daquela de guerras? Nadiña. Pero necesitaba coñecer, comprender. Algo me empuxaba a cavilar e indagar sobre o común pasado, na súa orixe da ditadura que padeciamos. E todo viña a dar na Guerra Civil española. O tema era tabú. Estabamos saíndo do burato negro da atrocidade e da miseria e ninguén quería ollar cara atrás. Soñábase un futuro de progreso. Porén, as feridas aínda non cicatrizaran. E había medo. Moito medo. Un medo que mantiña as bocas pechas, os ollos arregalados, as almas presas, esmagadas, compunxidas. Situábame, claro está, na óptica dos perdedores.
A guerra famosa por aquel entón era a de Vietnam, da que tiñamos un pouco máis de información. Correspondíanos xeracionalmente, do mesmo xeito que aos que nos seguiron lles corresponderon a de Somalia ou a dos Balcáns ou a de Iraq. Sentiámonos xa que logo, vietnamitas; os seus padecementos eran os nosos padecementos, e as súas vitorias as vitorias nosas. Malia a todo, eu considerábaa mooi afastada. Non nos doía en carne propia, por moito que a slolidariedade tamén poida doer. O horror, a barbarie ou a dor podíase percibir aquí na nosa terra, sen grande esforzo. A guerra, causada por un glorioso alzamento de traidores á República, non rematara aínda. Os vencedores disfrutaban do botín; os perdedores, aquí ou no exilio, alimentábanse coa amargura da esperanza inútil.
A traxedia fora agachada nos escuros currunchos do foro e eu pretendía achegala ao proscenio. Logo de moito rumialo, boteime a compoñer a obra que logo ela mesma, e pola súa conta, se autotitularía Zardigot. Lembro que me preocupaba abondo conseguir a axeitada distancia; pero tamén coidaba necesaria, ou tal vez inevitábel, certa implicación emotiva. Como case sempre, Eros e Tánatos, protagonizan as principais batallas. Loitan intimamente trenzados nun periquete familiar. A violencia estoupa, vézase o ar, céibanse as paixóns, a vida degrádase. Os tempos, vividos ou soñados, remúdanse e xiran arremuiñados. Sucédense lugares e abafo e espanto. Pero as forzas dionisíacas precisan un contrapunto apolíneo. Complétase a tríade tráxica coa intervención do hermesíaco. De forma inevitábel volvemos sempre a Grecia. Quizás por mor do poder dos mitos, da súa eterna pervivencia. Xa afirmou, Marguerite Yourcenar que as guerras son variacións ou ecos da guerra de Troia; eu non vou agora a contradicila. E esta guerra que eu tentei reflectir non vai ser unha excepción. Ademais de outras cousas, un algo de Casandra, Hécuba, Andrómaca ou Helena hai na protagonista da miña peza, Estrela. Ou iso degoro ver. Oxalá.
E oxalá tamén a sorte e o éxito acompañen a Arturo López e mais aos membros da súa compañía, Espello Cóncavo, na aventura teatral de levar aos escenarios esta xa vella obra de meu, Zardigot.

Euloxio R. Ruibal

Etiquetas:

0 comentarios a “Unhas palabras do autor”

Enviar um comentário

Este blogue quere aportar materiais de apoio á primeira representación profesional do Zardigot de Euloxio R. Ruibal, realizada pola compañía Espello Cóncavo. Tamén poderás atopar, coordinada pola AS-PG, unha proposta didáctica para o ensino.

Os autores



Na Web No blogue

máscaras

Axuda

máscaras

Recursos

AS-PG

Ano da Memoria

MultiRss

feed

Blogger

Engade este blogue aos teus favoritos en Technorati

Zardigot e outras montaxes

www.flickr.com


Licenza Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 3.0 de Creative Commons

AS-PG 2007 Zardigot