Ana Romaní conversa con X.C. Mejuto no Diario Cultural da Radio Galega.
Ana Romaní: Xoán Carlos, ti quen es en Zardigot? Cóntanos.
Xoán Carlos: Pois eu, o meu personaxe simplemente ten un grao, un grao militar, non ten nome é Capitán, é definido así: “capitán”. É un capitán do que na obra é o exército que defende o bando dos conservadores. Aquí non hai nin republicanos nin nacionais, como ben dicía Arturo, é unha traspolación para evitar, pois, a censura en vez de bando republicano e nacional aquí son denominados conservadores e liberais. O meu é un personaxe do exército que sería dos conservadores. A traspolación sería fácil facela ao exército nacional. Vai sempre acompañado dun sarxento unha especie de esbirro, eh..., unha especie de can de presa, non? O meu personaxe podíase dicir que é un señor da guerra, un home que en tempos de paz probablemente sería un pobre home, sen embargo na guerra acada un poder que..., do que disfruta, non? El na paz non sería ninguén, sen embargo séntese ben na guerra e disfruta do seu status na guerra, converténdose nun personaxe cruel e despiadado.
Etiquetas: personaxes
Ola!
Somos tres rapazas de Cerceda.
Queriámosche dicir que o personaxe que representas nos parece moi falso.
Ti deitácheste ca muller de Xaquín Freire e despois matáchelo.Ese é o motivo polo que non nos gustou o teu personaxe,aínda que o representaches moi ben.
Tes pensado representar outra obra deste estilo??
Un saúdo.
Zaida,Lucía e Soraya!!