Zardigot

Unha representación de Espello Cóncavo


Falando con Arturo López sobre o Zardigot



Recollemos neste vídeo un fragmento da conversa mantida con Arturo López na Casa Hamlet nos días anteriores á estrea. Arturo explica como o texto de Ruibal se foi transformando en epectáculo teatral.

Nós, e cando digo nós refírome a min, refírome ao escenógrafo, aos colaboradores, ao axudante de dirección..., vemos o Zardigot como unha referencia universal. Non, non vemos unha historia cinguida exclusivamente á Guerra Civil Española. Non. Zardigot son todas as guerras, e probablemente, quizais, abonda un pouco no tema das guerras civís, desa guerra asasina que hai na retagarda; na guerra dos covardes, dos asasinos, é dicir, dos que apresan a xente e a tiran ás gabias das estradas. En fin, esa guerra que aquí tan ben coñecemos. Porque aquí deuse esa guerra. Pero que se dá en todo o mundo realmente porque ten unhas características comúns. Entón, nese sentido, quen vaia ver o Zardigot, vai ver elementos que lle van, evidentemente, lembrar a guerra española, pero vai ver outros elementos que o van levar a un contexto moito máis universal: que vai ver todas as guerras.
Empezando xa pola propia escenografía. Quen vexa a escena non a vai asociar co Zardigot. Pensará que é unha escenografía para unha traxedia grega. Por exemplo, podía ser perfectamente para As troianas. Por que? Porque Zardigot contén elementos tráxicos, e non soamente na historia que se narra, senón tamén, penso que nas formas que son inherentes de toda historia. Entón nosoutros pensamos que ese toque, digamos heleno, que non lle acaía nada mal. Que pode conferirlle un pouco máis ese ton tráxico que ten.
Por outro lado Zardigot, que é un pouco tamén a grandeza do texto e a valía do seu autor, tamén contén elementos teatrais que non teñen nada que ver coa traxedia, que son elementos tipicamente narrativos do teatro, por exemplo, de Bertold Brech, do teatro épico, do teatro narrativo... Eses parlamentos de Estrela... É dicir, é outro elemento que tamén está aí e que nosoutros non queremos “ceñirnos”, nin exclusivamente a un, nin a outro. Queremos tocar todo un pouco.
Entón, que vai ver? Pois no vestiario, quizais poida ver algunha prenda de roupa que teña un corte, sobre todo no de Estrela, ao mellor, pois como unha heroína grega. E sen embargo, ao mellor, despois, determinados personaxes, sobre todo masculinos, son como moito máis..., hai unha referencia moito máis clara a esa época, por exemplo, pode ser a Guerra Civil Española, ou incluso que pode ser actual. É dicir, pero iso son, digamos, toques un tanto sutís. É dicir, precisamente no que se trata é diso, de no que é a historia realmente, o texto non se refire tampouco exclusivamente á Guerra Civil Española, aínda que naquela época, evidentemente, non a poderían tratar dado que existía a censura.
Pero eu, falando con Euloxio moitas veces destas cousas, evidentemente el é partidario de darlle un tratamento actual e non referido..., por exemplo, non facer unha montaxe tipo realista, ambientada nesa época. Non. Non iría por aí. E entón, nosoutros, seguimos esa orientación tamén. En principio, repito, quizais a escenografía vai aparecer de repente... Impacta. Pero logo penso que temos bastante diferenciados os ambientes e os espazos escénicos. Por exemplo, as escenas que ocorran, que teñan un carácter máis íntimo, que teñan un fondo poético, pois van ser nun espazo un tanto ovalado, unha superficie, unha tarima, un tanto ovalada, máis reducida evidentemente; e outros van ser ao longo desas escalinatas, esas plataformas que hai.
En fin, que iso, que se pretende universalizar a historia

[+/-] Sigue Lendo...

Etiquetas: ,


Este blogue quere aportar materiais de apoio á primeira representación profesional do Zardigot de Euloxio R. Ruibal, realizada pola compañía Espello Cóncavo. Tamén poderás atopar, coordinada pola AS-PG, unha proposta didáctica para o ensino.

Os autores



Na Web No blogue

máscaras

Axuda

máscaras

Recursos

AS-PG

Ano da Memoria

MultiRss

feed

Blogger

Engade este blogue aos teus favoritos en Technorati

Zardigot e outras montaxes

www.flickr.com


Licenza Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 3.0 de Creative Commons

AS-PG 2007 Zardigot