Zardigot

Unha representación de Espello Cóncavo


125 anos de teatro galego

Apenas falta un mes para que baixe o pano do 2007 e remate a representación: 125 anos de teatro galego.

Sen ter en conta pezas como A Casamenteira, de Antonio Bieito Fandiño (escrita en 1812 pero publicada en 1845); ou a Contenda dos labradores de Caldelas (1691) de Gabriel Feixó de Araúxo, que Fermín Bouza Brey daría a coñecer no ano 1953, co títuliño: Entremés famoso en que se contiene la contienda que tubieron los labradores de la feligresía de Caldelas con los portoqueces sobre la pesca del río Miño. Año de 167... Compuesto por el Licenciado Gabriel Feyxó de Araújo. Año de 1671; ou o anónimo Entremés do portugués (tamén do século XVIII); elixiuse a peza de Francisco María de la Iglesia, A fonte do xuramento (seica por ser o primeiro texto teatral en galego do que se ten conta da súa estrea, o 13 de Agosto de 1882, no Liceo de Betanzos), como punto de partida para a efeméride.

Para esta conmemoración, a Consellería de Cultura e Deporte xunto co IGAEM proxectaron, por unha banda, a exposición itinerante “Un país desde as táboas”, que rematará en Narón o 23 deste decembro; e por outra banda, 25 compañías percorreron 38 localidades entre agosto e setembro, representando un total de 125 funcións.

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, en colaboración coa Editorial Galaxia, homenaxea tamén o noso teatro coa publicación de Cento vinte e cinco anos de teatro en galego, obra de varios autores e coordinada por Manuel F. Vieites.

Esperemos que a cousa non quede aí, que sexamos conscientes da relevancia da nosa dramaturxia, que valoremos non só os consagrados, senón, como di Pillado, que saibamos valorar "os homes e mulleres que durante moitísimos anos traballaron a prol do teatro galego por pura militancia e coa indiferenza das institucións (...) que nunca tiveron suficiente sensibilidade para decatarse da importancia que ten o teatro como fenómeno de culturización do país", pensemos no Zardigot, e que todas esas fermosas palabras que quedan sobre o papel cobren vida para que siga a función.

0 comentarios a “125 anos de teatro galego”

Publicar um comentário

Este blogue quere aportar materiais de apoio á primeira representación profesional do Zardigot de Euloxio R. Ruibal, realizada pola compañía Espello Cóncavo. Tamén poderás atopar, coordinada pola AS-PG, unha proposta didáctica para o ensino.

Os autores



Na Web No blogue

máscaras

Axuda

máscaras

Recursos

AS-PG

Ano da Memoria

MultiRss

feed

Blogger

Engade este blogue aos teus favoritos en Technorati

Zardigot e outras montaxes

www.flickr.com


Licenza Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 3.0 de Creative Commons

AS-PG 2007 Zardigot