Denominou a este rexistro Robot Wisdom, e ao que facía nesta páxina web chamoulle weblog , literalmente: libro de rexistro ou de notas da rede. Hoxe en día reducimos o termo e falamos de blogs, de blogues. Imos, pois, bloguear no sentido inicial da palabra, e navegando pola rede atopamos as seguintes páxinas en relación co Zardigot.

En canto ás representacións nos distintos lugares de Galiza, vemos como a compañia de Espello Cóncavo estivo:
- na cidade herculina,
- na terra dos Teucros ,
- na dos picheleiros,
- en Viveiro,
- en Culleredo,
- en Ribadeo...
Pero, e a opinión do público? Que din na arañeira os espectadores e espectadoras da obra?
- por unha banda temos datos de asistentes particulares á representación no Rosalía da Coruña e no Hernán Naval de Ribadeo.
- por outra banda están as palabras do alumnado e a repercusión no ensino.
Por suposto, unha obra desta importancia aparece nas páxinas de asociacións culturais galegas como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), culturagalega.org, ou compostelacultura.org (a consellaría de cultura presenta o Zardigot e enlaza co noso blogue).
Tamén os xornais dixitais fan eco da peza teatral:
- lavozdegalicia.es inclúe o Zardigot na Biblioteca 120. Desta publicación tedes máis información no noso Dosier de prensa ( en Recursos, na marxe dereita da páxina de inicio do blogue) onde continúa cunha entrevista de Camilo Franco con Euloxio Ruibal, e o artigo "Un marabilloso texto" de Xosé Manuel Rabón.
- laopinioncoruna.es fálanos da súa estrea na Coruña.
- En elcorreogallego.es sabemos da súa chegada a Compostela. Velaquí a foto(Cris Tobío) da rolda de prensa .

E isto non queda aquí, nesta Galiza "tan pequena que é un mundo". Sen dúbida estamos a falar dun autor e dunha peza claves na historia do noso teatro. Así o recoñecen desde Bilbao e desde Cataluña, e ata o Ministerio de Educación y Ciencia nos seus apuntamentos de Literatura Española.
Do seu autor, Euloxio Ruibal, temos abondosos datos no ciberespazo:
- o discurso de entrada como membro da Real Academia Galega ocupando a cadeira do historiador Antonio Meixide Pardo (Ruibal é ata o de agora o único membro da actual corporación pertencente ao mundo do teatro).
- a impronta do seu labor como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega;
- unha recensión de Noemí Pazó sobre a obra: Teatro, cerimonia e xogo. (A traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio Ruibal), de Anxo Abuín González,
- atopámolo rexentando a galería de arte Citania,
- tamén está a pegada do Ruibal cinéfilo: desde a súa pertenza ao grupo Lupa (dentro da agrupación cultural "O Galo" de Santiago), mostra do cine alternativo en Galiza nos anos 70; grupo que recibiu (Premios Maestro Mateo 2004) o Premio especial Fernando Rei da Academia polo seu labor a prol dos audiovisuais na súa extensa traxectoria; ata o Euloxio Ruibal como profesor contratado do Centro de Estudos Fílmicos da USC para Comunicación Audiovisual; e sempre manifestándose a favor do cine galego e en galego.


E se aínda non tedes un exemplar do Zardigot, na Internet atoparedes primeiras edicións de segunda man coas ilustracións orixinais de Xulio Maside. Véndennolo en librerías de vello de Barcelona ou Sevilla.
Se non queredes gastar os cartos, podedes achegarvos ás bibliotecas públicas e ás escolares.
E para rematar, nesta arañeira onde todo ten cabida, atopei outros Zardigots que, malia non faceren ningunha alusión ao de Ruibal, tamén no seu caso este nome conleva desacougo, temor, medo...
0 comentarios a “O Zardigot na arañeira.”