Sempre quixen ser actriz. Lembro que convencín a miña nai para que me levase a ver unha obra na que actuaba Lola Herrera, e que non me querían vender a entrada porque era moi nena; pero conseguino…e quedei fascinada. Eu quería “iso”. Sempre tiven esa fascinación por actuar.
Son da Coruña. Empecei a facer teatro con 7 anos no colexio Alborada, cando puxeron esta actividade. Un detalle bonito é que con 9 anos fixen o papel protagonista do libro de Euloxio R. Ruibal Amor bufo.
No instituto de Elviña formei parte do grupo Sardiña. O que máis lembro é que o primeiro curso aínda non podía formar parte do grupo; entón falei cos compañeiros e con axuda de profesores montei unha obra. Co grupo Sardiña fixen moitas obras e representacións; tamén dirixín Unha rosa é unha rosa, e lémbroa con moito cariño. Sigo vinculada ao grupo e dirixín o ano pasado As Troianas. A experiencia cos compañeiros, disfrutar e descubrir é o mellor do teatro escolar; aínda que hoxe en día moitos rapaces están máis interesados en facerse famosos que no teatro.
Estudei xornalismo, pero a realidade é que quería dedicarme ao teatro.
O que quero ser é actriz.

0 comentarios a “Lucía Regueiro é Sabela”