Tal como di o autor, Zardigot nace nunha época condicionada pola carencia de liberdades. Probablemente hoxe sería escrita doutro xeito... ou non; pero, en todo caso, Zardigot preséntasenos hoxe como unha historia con voz propia, como un alegato contra a guerra, contra todas as guerras e, tamén, claro que si, unha denuncia da barbarie que supuxo a guerra civil española. Ten razón Euloxio en non retocar nada do texto orixinal, cousa que hoxe sería evidentemente posible, pero é que Zardigot medrou, fíxose clásico nestes anos transcorridos desde aquel Abrente do 73. Por iso é para nós un desafío sermos quen de combinar o xeral co particular, de dicir, hoxe, o que por imperativos políticos non se puido dicir onte. As palabras do autor han de servirlle ao espectador como referencia á que acudir e poder, así, establecer o acerto ou desacerto da nosa proposta. Na medida en que o noso traballo consiga facer chegar ao espectador ese Zardigot, consideramos a nosa misión cumprida.
Arturo López
Etiquetas: director, Equipo técnico
Gustoume moito a obra.Reflexa moi ben o que me teñen contado na familia que ocorreu nesta zona,Vilaboa, durante a guerra e incluso despois.