Zardigot

Unha representación de Espello Cóncavo


Uxío, un vello de espírito mozo, que fai de Vello

Chámome Uxío Losada Sesmonde. Nacín en Guitiriz o 4 de agosto de 1944. Agora vivo en Cesuras.
Metinme nisto do teatro nos anos oitenta e pico; xa vedes, unha cousa de vellos. Todo comezou porque o cura da parroquia me enleou para facer un papel na obra A Gaiola co grupo de teatro afeccionado Monte Medela e a partir de aí xa non puiden deixar este mundo. Representamos: A Gaiola, O acahado do castro, Os cravos de prata.
Asistín a un curso de teatro en Casa HAMLET con Manuel Lourenzo e Paulo Serantes. Logo asistín aos cursos da Escola Municipal de Teatro de Betanzos impartidos por Casa HAMLET desde o ano 2003, participando nas obras: A doncela Guerreira, De amigo e amor, Inverno de alcobiteiras, Tristán García...
Actuei facendo o papel de Foucellas en Galicia para o mundo e tamén de figuración nas series: As Leis de Celavella, Terras de Miranda e A vida por diante.
Na actualidade son socio do Grupo de Teatro Brétema de Betanzos.
Do teatro gústame todo. Aínda que os ensaios sexan tarde, aínda que non teñamos bos locais para o noso traballo, aínda que sempre esteamos de acó para aló, a experiencia de representar ante o público compensa todo.

Etiquetas: ,

3 comentarios a “Uxío, un vello de espírito mozo, que fai de Vello”

  1. # Anonymous Dores Cao

    Por fin Zardigot cobrou vida, logo duns trinta anos de letargo, pero na miña opinión a espera mereceu a pena. Foi o venres día 9, cando os do grupo de teatro aficionado Brétema, deixamos o ensaio antes do habitual; queriamos ver ao noso Uxío, ao “Vello” da obra no Rosalía e alí estivemos. Todos nós disfrutamos do bo facer dos que deron vida ao drama, que nalgúns momentos, como de tregua, nos arrincaron algunha curta gargallada, pero sobre todo adentráronos con moita intensidade no horror da guerra, na súa crueldade e destrución.
    Foi unha hora e media moi intensa, na que me vin sorprendida polo bo facer e por iso quero felicitar a todas e todos, comezando polo meu querido Vello e seguindo pola Sabela, o Xaquín, o Fuco ou o tan odiado “Sarxento” que nalgún momento case me leva, se non me reprimo aferrada á butaca, ao escenario. Citei algúns pero, para min, cada actriz/actor era o mellor para o seu papel.
    En conclusión, Espello Cóncavo seguiu con fidelidade o texto de E. Rubial, cun traballo moi logrado dos personaxes, cunha escenografía, vestiario, iluminación e efectos sonoros marabillosos. Por iso só vos podo dicir: NORABOA.  

  2. # Anonymous Mariña Fernández Cao

    O venres fun cos compñeiros de Brétema teatro á estrea da obra Zardigot, queriamos ver ao noso compañeiro Uxío, que o fixo moi ben. A min a obra gustoume, pero pareceume moi dramática, prefiro a comedia. Por iso, os que máis me gustaron foron Fuco, que me ría polo ben que facía o papel de parvo e con Sabela, que bromeaba con el e mesmo parece que o quería de noivo. Aínda que con Sabeliña tamén o pasei mal cando a agredía aquel sarxento noxento e non a entendín ben de todo na súa loucura.
    A min, supoño que como a calquera moza, non me gusta a guerra, por iso o pasei mal cando disparan ao vello ou cando golpean a Xaquín ou a Sabela. Tampouco me gustou que morrera o Fuco, o Mingos, o Xaquín ou Estrela. Falando despois da obra, dicíanme que viña a ser un “alegato” contra a guerra, a Guerra Civil e eu sigo sen entender porque hai guerras, porque non se dedicará máis tempo a amar, a axudar, a …ás cousas bonitas da vida: VIVIR. Pero non me preguntan sobre a guerra, senón sobre a obra de teatro, e direi que estivo ben, gustoume a non ser o tema, pero non pola representación senón porque non me gustan as guerras ( xa volvo co mesmo,). O escenario estaba moi ben, non entendín como non caían os actores ou as actrices ao movérense ás escuras. Pero estaba moi ben pensado, un único escenario que respondía moi ben a todas as escenas da obra, nós podiamos ver as casas ou os camiños. Tamén estaban moi ben as luces: aquel fermoso azul. Conclúo dicindo que me gustou a representación, fixérono moi ben.  

  3. # Anonymous Anónimo

    ola dende Cerceda!!

    moi alucinante cando che pegaron o tiro na caluga!!

    unha pregunta, lebarías tapóns non oídos no momento do tiro porque senón quedarías xordo?

    contexta xfa

    Ismael  

Enviar um comentário

Este blogue quere aportar materiais de apoio á primeira representación profesional do Zardigot de Euloxio R. Ruibal, realizada pola compañía Espello Cóncavo. Tamén poderás atopar, coordinada pola AS-PG, unha proposta didáctica para o ensino.

Os autores



Na Web No blogue

máscaras

Axuda

máscaras

Recursos

AS-PG

Ano da Memoria

MultiRss

feed

Blogger

Engade este blogue aos teus favoritos en Technorati

Zardigot e outras montaxes

www.flickr.com


Licenza Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 3.0 de Creative Commons

AS-PG 2007 Zardigot