Zardigot

Unha representación de Espello Cóncavo


Euloxio Ruibal. Achega bio-bibliográfica

Apuntamentos bio-bibliográficos sobre o autor.

Euloxio Rodríguez Ruibal naceu en Ordes (A Coruña) en 1945, pero reside dende neno en Compostela, onde rexentou a galería de arte Citania. Escritor, guionista, profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e é membro da Real Academia Galega. Fundou o grupo de teatro Obradoiro e o equipo de cine Lupa, pioneiro neste campo en Galiza. A figura de Ruibal é salientable ante todo no xénero dramático.


Entre as súas pezas teatrais destacan:

- Zardigot, coa que se dá a coñecer como dramaturgo na I Mostra de Teatro de Ribadavia en 1973, ao gañar o Premio Abrente (EX AEQUO con O meu mundo non é deste reino de Manuel María),
- Cabodano, escrita en 1973 e gañadora do Premio Abrente en 1975,
- A sonada e proveitosa enchenta do marqués de Ruchestinto no derradeiro século da súa vida (1975).
Estas tres obras conforman unha triloxía sobre a sublevación fascista e a ditadura.

- A sombra do bon cabaleiro (1977), e
- Cousas da morte, completan unha primeira etapa do teatro de Euloxio que trata de fusionar as máis modernas tendencias das vangardas europeas xunto coa tradición dramática galega , e onde os temas predominantes serían: a violencia exercida desde o poder, os eternos Eros e Tánatos, a soidade…
- As tres pezas de Teatro infantil (1988) abren esa segunda etapa adicada ao lector infantil, xunto coas do volume
- Brinquemos ao teatro, e as incluídas en
- Teatro infantil e xuvenil (1991),
etapa da que xa nos amosou un pequeño avance en 1974, levando a mención honorífica no I Concurso de Teatro Infantil O Facho coa obra O roubo do aparello, que se publicaría baixo o título de O aparello trocatempos.
Segundo Laura Tato, nesta fase o autor pretende “crear un mundo lúdico en que as manifestacións dramáticas serían a canle perfecta para transmitir coñecementos e sensacións non incluídos nos currículos escolares: o sentido da luz, do son, da cor, da fantasía, do humor, do compañeirismo e da solidariedade.”
- Azos de esguello (1990, Premio Álvaro Cunqueiro 1989) critica a corrupción, a pervivencia da figura do cacique nun indiano retornado. Os personaxes desta obra son os mesmos que aparecen nun ton aínda máis esperpéntico, en
- Unha macana de dote (1991).
- Nas sete peciñas de Teatro mínimo (1991) volve aos temas da soidade, da loucura, da dobre moral, do erotismo todo envolto nun leve humorismo que amortece as situacións dramáticas.
- Con Maremia (1998), partindo dunha traxedia ecolóxica, pretende ser unha chamada ao espectador para que reaccione ante o posible futuro que nos agarda. Ruibal universaliza de novo a trama da peza.
- O son da buguina, publicada 25 anos despois da primeira das súas obras, é unha reflexión sobre a liberdade. A buguina e o mar como elementos esperanzadores.


- Minimalia (2005).



En canto á narrativa, De corpo enteiro e Casarriba son as súas novelas, máis tamén ten relatos curtos como "A fonte de Ana Manana" (Contos do Castromil, 1993), ou "Vertixe" publicado no número 7 – maio 2005 da revista Casahamlet.

No ensaio destacan: Compostela na historia (2000) e Xogo de máscaras. Escritos sobre o teatro galego (2003)

Para o cinema, sempre presente dalgún xeito na súa produción, escribiu os guións das curtametraxes Maruxía (1998) e Baile de máscaras (2001).



Etiquetas:

Arturo López dirixe o Zardigot

Tal como di o autor, Zardigot nace nunha época condicionada pola carencia de liberdades. Probablemente hoxe sería escrita doutro xeito... ou non; pero, en todo caso, Zardigot preséntasenos hoxe como unha historia con voz propia, como un alegato contra a guerra, contra todas as guerras e, tamén, claro que si, unha denuncia da barbarie que supuxo a guerra civil española. Ten razón Euloxio en non retocar nada do texto orixinal, cousa que hoxe sería evidentemente posible, pero é que Zardigot medrou, fíxose clásico nestes anos transcorridos desde aquel Abrente do 73. Por iso é para nós un desafío sermos quen de combinar o xeral co particular, de dicir, hoxe, o que por imperativos políticos non se puido dicir onte. As palabras do autor han de servirlle ao espectador como referencia á que acudir e poder, así, establecer o acerto ou desacerto da nosa proposta. Na medida en que o noso traballo consiga facer chegar ao espectador ese Zardigot, consideramos a nosa misión cumprida.
Arturo López

Etiquetas: ,

Unhas palabras do autor

Din que os escritores teiman en escribir sobre o que ignoran. E talvez sexa certo. A min pasoume iso con Zardigot. Que sabía eu daquela de guerras? Nadiña. Pero necesitaba coñecer, comprender. Algo me empuxaba a cavilar e indagar sobre o común pasado, na súa orixe da ditadura que padeciamos. E todo viña a dar na Guerra Civil española. O tema era tabú. Estabamos saíndo do burato negro da atrocidade e da miseria e ninguén quería ollar cara atrás. Soñábase un futuro de progreso. Porén, as feridas aínda non cicatrizaran. E había medo. Moito medo. Un medo que mantiña as bocas pechas, os ollos arregalados, as almas presas, esmagadas, compunxidas. Situábame, claro está, na óptica dos perdedores.
A guerra famosa por aquel entón era a de Vietnam, da que tiñamos un pouco máis de información. Correspondíanos xeracionalmente, do mesmo xeito que aos que nos seguiron lles corresponderon a de Somalia ou a dos Balcáns ou a de Iraq. Sentiámonos xa que logo, vietnamitas; os seus padecementos eran os nosos padecementos, e as súas vitorias as vitorias nosas. Malia a todo, eu considerábaa mooi afastada. Non nos doía en carne propia, por moito que a slolidariedade tamén poida doer. O horror, a barbarie ou a dor podíase percibir aquí na nosa terra, sen grande esforzo. A guerra, causada por un glorioso alzamento de traidores á República, non rematara aínda. Os vencedores disfrutaban do botín; os perdedores, aquí ou no exilio, alimentábanse coa amargura da esperanza inútil.
A traxedia fora agachada nos escuros currunchos do foro e eu pretendía achegala ao proscenio. Logo de moito rumialo, boteime a compoñer a obra que logo ela mesma, e pola súa conta, se autotitularía Zardigot. Lembro que me preocupaba abondo conseguir a axeitada distancia; pero tamén coidaba necesaria, ou tal vez inevitábel, certa implicación emotiva. Como case sempre, Eros e Tánatos, protagonizan as principais batallas. Loitan intimamente trenzados nun periquete familiar. A violencia estoupa, vézase o ar, céibanse as paixóns, a vida degrádase. Os tempos, vividos ou soñados, remúdanse e xiran arremuiñados. Sucédense lugares e abafo e espanto. Pero as forzas dionisíacas precisan un contrapunto apolíneo. Complétase a tríade tráxica coa intervención do hermesíaco. De forma inevitábel volvemos sempre a Grecia. Quizás por mor do poder dos mitos, da súa eterna pervivencia. Xa afirmou, Marguerite Yourcenar que as guerras son variacións ou ecos da guerra de Troia; eu non vou agora a contradicila. E esta guerra que eu tentei reflectir non vai ser unha excepción. Ademais de outras cousas, un algo de Casandra, Hécuba, Andrómaca ou Helena hai na protagonista da miña peza, Estrela. Ou iso degoro ver. Oxalá.
E oxalá tamén a sorte e o éxito acompañen a Arturo López e mais aos membros da súa compañía, Espello Cóncavo, na aventura teatral de levar aos escenarios esta xa vella obra de meu, Zardigot.

Euloxio R. Ruibal

Etiquetas:

Dosier de prensa

Zardigot en Compostela Cultura.


La Voz de Galicia 17/03/07. Entrevista con Oswaldo Digón como responsable do festival de teatro afeccionado do Concello de Sada.


La Voz de Galicia. Ao día seguinte da estrea: "La ciudad compartió la música de Amancio Prada e Lucie Silvas"


Especiais de La Voz de Galicia. Biblioteca 120. Inclúe unha entrevista co autor e o artigo "Un marabilloso texto" de Xosé Manuel Rabón, director de escena.


Entrevista con Euloxio R. Ruibal no xornal da Universidade de Santiago.

Euloxio R. Ruibal na Real Academia Galega. Discurso de entrada na Academia: Do escénico ao fílmico. Notas sobre a linguaxe teatral no cinema

Algunhas indicacións para moverte por este blogue

Esta páxina é un blogue (blog, bitácora). Se les habitualmente este tipo de páxinas non precisarás ler estas breves indicacións.

Nos blogues a información organízase en orde cronolóxica inversa de maneira que o último escrito (entrada) é o que se mostra primeiro. O noso blogue está configurado para que se mostren na páxina principal as cinco últimas entradas, pero hai máis... Para acceder ao resto da información contida no blogue hai varias posibilidades:

As pestanas fixas.-


No alto da páxina, debaixo do título, hai sete pestanas fixas:

Inicio: Lévate sempre á última entrada da páxina principal.
O Autor: É un enlace á entrada do blogue "Euloxio Ruibal. Achega bio-bibliográfica"
O Director: É un enlaces á entrada do blogue "Arturo López dirixe o Zardigot"
Equipo técnico: Desde aquí poderás coñecer a todo o Equipo técnico.
Elenco: Desde esta pestana accederás ás entradas do blogue onde se fala dos actores e das actrices.
Espello Cóncavo: Enlaza a páxina do grupo.
Representacións: Páxina do IGAEM. Datas e lugares onde se represetará o Zardigot.
@: Abre o teu programa de correo para que te poñas en contacto con Espello Cóncavo.


Na barra lateral.-

Anteriores:
As dez últimas entradas no blogue son accesibles desde a barra lateral onde se mostran os seus títulos.

Arquivos:
Todas as entradas do blogue vanse arquivando mensualmente. Clicando sobre 01-02-2007, por exemplo, accederás a todas as entradas publicadas durante o mes de febreiro.



Palabras clave.-



Aínda hai outra posibilidade moi interesante para presentar a información contida no blogue. Todas as entradas están etiquetadas cunha serie de "palabras clave", clicando sobre elas mostraranse na páxina principal todas as entradas do blogue etiquetadas con esa palabra clave. Así, se queres que se mostren na páxina principal a información de todos os actores e actrices do Zardigot, só tes que facer clic en "elenco".


Comentarios.-


Unha das posibilidades máis interesantes dos blogues é que permite aos lectores deixar a súa opinión a través dos comentarios. Os comentarios fanse a cada unha das entradas do blogue. Para ver os comentarios dunha entrada debes de facer clic sobre o título da mesma ou en "comentarios". Visualízase así a entrada e os comentarios, se os hai, da mesma. Poderás deixar o teu comentario clicando en "enviar un comentario".

Etiquetas: ,

autores

Carmo Gasamáns: carmog(arroba)edu.xunta.es
Iolanda Sánchez: iolandasm(arroba)edu.xunta.es
Xoán Díaz: xoandiaz(arroba)edu.xunta.es

O Capitán é Mejuto

Mejuto é o Capitán

Ana Romaní conversa con X.C. Mejuto no Diario Cultural da Radio Galega.

Ana Romaní: Xoán Carlos, ti quen es en Zardigot? Cóntanos.

Xoán Carlos: Pois eu, o meu personaxe simplemente ten un grao, un grao militar, non ten nome é Capitán, é definido así: “capitán”. É un capitán do que na obra é o exército que defende o bando dos conservadores. Aquí non hai nin republicanos nin nacionais, como ben dicía Arturo, é unha traspolación para evitar, pois, a censura en vez de bando republicano e nacional aquí son denominados conservadores e liberais. O meu é un personaxe do exército que sería dos conservadores. A traspolación sería fácil facela ao exército nacional. Vai sempre acompañado dun sarxento unha especie de esbirro, eh..., unha especie de can de presa, non? O meu personaxe podíase dicir que é un señor da guerra, un home que en tempos de paz probablemente sería un pobre home, sen embargo na guerra acada un poder que..., do que disfruta, non? El na paz non sería ninguén, sen embargo séntese ben na guerra e disfruta do seu status na guerra, converténdose nun personaxe cruel e despiadado.

Etiquetas:


Este blogue quere aportar materiais de apoio á primeira representación profesional do Zardigot de Euloxio R. Ruibal, realizada pola compañía Espello Cóncavo. Tamén poderás atopar, coordinada pola AS-PG, unha proposta didáctica para o ensino.

Os autores



Na Web No blogue

máscaras

Axuda

máscaras

Recursos

AS-PG

Ano da Memoria

MultiRss

feed

Blogger

Engade este blogue aos teus favoritos en Technorati

Zardigot e outras montaxes

www.flickr.com


Licenza Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 3.0 de Creative Commons

AS-PG 2007 Zardigot